20
Set
08

Contrabando

Mentres agardaba a que pasara o tempo para repousar a cea, estiven vendo un programa na tve1 que trataba sobre o narcotráfico en España.

Pazo de Baion

Neste programa mostraron imaxes do Pazo de Baión (na fotografía), e falaron algo -moi pouco- de Oubiña. A moitos de vós soaravos este apelido, seguramente estaredes asociandoo cun dos maiores narcotraficantes galegos. A min, soar o que se di soar, soanme Laureano (Oubiña) e máis Sito Miñanco, e de momento, deses dous non paso.

Como me empezou a picar a curiosidade, decidín buscar un chisco por Google, e dín con unha biografía que aparecía na súa páxina web: www.laureanooubina.com que agora xa non está en activo, e pola cal era coñecido co alcume de “cibernarco”. Tras a lectura da mencionada -auto-biografía, mirei o resto das páxinas que lincaban cunha das poucas entrevistas concedidas. Aquí o link.

Pois tras ler esta entrevista e unha en El Mundo cheguei á conclusión de que o paisano padece un chisco de manía persecutoria, e que está obsesionado conque todo o mundo está en contra del.

Esta opinión é de alguén con escasos fundamentos que non ten nin puta idea do que alí aconteceu nin acontece.

Para rematar deixovos unha pregunta (copio e pego) e unha resposta onde subliño a parte a destacar, e onde teño que admitir que ten toda a razón:

Pregunta: ¿Cree vd. que estando lo más granado de lo que se conoce por capos de la droga en la cárcel, los grandes nombres, Charlines, Sito Miñanco, Vioque y vd. mismo presos, ello ha supuesto un descenso notable en el mercado de las diversas drogas?

Respuesta: Primero: aclarar que si soy capo de algo es de las ostias. El “capacico de las ostias” que dicen en Navarra. Reitero, yo estoy condenado única y exclusivamente por hachís, y le ruego a vd. que precise este extremo porque para mí es importante, aunque a las autoridades y demás que viven de esto no parezca interesarles los distingos. Sé positivamente que mucha gente no diferencia entre sustancias gracias a la desinformación oficial, y así les va, porque meten todo en el mismo saco. Pero no es igual. Insisto: el hachís no ha matado a nadie. Y el que no se diferencie este aspecto es una de las razones por las que los chavales no nos hacen caso en el resto. Si les decimos que el hachis es malo sin más y lo prueban y ven a gente de 60 años que llevan fumando toda la vida, incluso de su familia, a sus propios profes, etc. y se van a Marruecos de vacaciones y ven lo que ven, pues a falta de mejor información, piensan que con el resto pasa lo mismo y se tiran sin red.
Y en segundo lugar, el mercado está más abastecido que nunca, con mejor droga y más barata, otra cuestión es que para lavar este fracaso se utilice siempre a la trinidad de la piñata: Oubiña, Charlín y Miñanco. Les valemos igual para un roto que para un descosido, con nosotros tapan su fracaso interminable.


0 Respostas a “Contrabando”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Comentarios recentes

Frustración « … en quen é balteira?

Anotacións máis populares

  • Ningún

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.